10/8/2019 Nestes seis días de Festas Patronais cóntase con actividades para tódolos públicos, pensadas para poder gozar en familia. Así o VII Festival cómico festivo A Rúa é Vosa traerá á cidade do Cabe, en horario de mañá e de tarde, actuacións de maxia, mimo, humor, acrobacias, circo, música, circo aéreo,… que farán as delicias dos máis cativos e de seus pais e nais.
Nun territorio de tanta tradición musical como é Ribeira Sacra, as formacións musicais da contorna e de Monforte teñen especial protagonismo nestas Festas. O Grupo de Gaitas do Concello amenizará cos seus pasarrúas os distintos barrios da cidade. A Banda Municipal de Monforte e a de Chantada actuarán na Praza de España.
O 15 de agosto terá lugar o Día do Gaiteiro contando cos grupos Érbedo, Redegaita, O Cego da Veneira, Os Xograres, Merenzao e Lemavos. Actuarán durante a mañá en diferentes barrios do Concello para ás 20.30 celebrar na Praza de España a Mostra de Danza e Música Tradicional.
A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 13 e 14 de agosto.
Martes, día 13
12:00 h PASARRÚAS GRUPO DE GAITAS DO CONCELLO
12:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: HOCUS POCUS A ILLA DOS NENOS. Espectáculo de maxia, na rúa Cardenal, destinado aos máis cativos
13:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: ARTURELLODIPOPOLO. Espectáculo de mimo, clown e maxia, na Praza de España, destinado aos máis cativos
19:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: A ILLA DOS NENOS. Espectáculo de maxia cómica, na rúa Cardenal, destinado aos máis cativos.
20:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: ARTURELLODIPOPOLO. Espectáculo de Mimo,clowne maxia, na Praza de España , destinado a tódolos públicos.
23:00h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA FINISTERRE.
23:00 h CONCERTO PRAZA DE ESPAÑA, BANDA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO MESTRE IBÁÑEZ DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
00:30 h CONCERTO NA COMPAÑÍA DE CARLOS BAUTE.
02:00 h VERBENA coa orquestra FINISTERRE.
Mércores, día 14
12:00 h PASARRÚAS GRUPO DE GAITAS DO CONCELLO
12:00h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: RAULEZ. Espectáculo de circo, música, diábolo, na rúa Cardenal, para tódolos públicos.
13:00h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: DESASTRONAUTS. Espectáculo decirco acrobático aéreo, na Praza de España, para tódolos públicos.
19:00h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: RAULEZ. Espectáculo de circo, música, diábolo, na rúa Cardenal, para tódolos públicos.
20:00h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO ARÚA É VOSA: DESASTRONAUTS. Espectáculo de circo, música, diábolo, na rúa Cardenal, para tódolos públicos.
20:30 h PANDEIRETEIRAS A Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte animará o percorrido dende a praza de Carude ata o centro da cidade.
23:00h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA PRINCIPAL.
23:00h CONCERTO NA PRAZA DE ESPAÑA, BANDA DE MÚSICA DE CHANTADA.
00:30h CONCERTO DE CHENOA NA COMPAÑÍA
02:00h VERBENA coa orquestra PRINCIPAL.
O resto da programación nesta mesma páxina, na noticia da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.