Paseos en barca polo río Cabe

18/07/2020 Unha das actividades estrela do verán en Monforte de Lemos son os paseos en barca polo río Cabe. Esta actividade especialmente pensada para facer en familia, entre amigos ou en parella permite gozar dunha nova perspectiva da cidade e axuda a refrescar a temperatura dos días máis calorosos do verán en Monforte.

Os paseos en barca teñen como punto de inicio dos percorridos o embarcadoiro do Parque dos Condes. Os paseos teñen unha duración mínima de media hora a un prezo de 3,25 euros a media hora. Esta refrescante actividade prolongarase ata o 30 de setembro no seguinte horario:

  • Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas
  • Fins de semana e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.

Os paseos en barca, cita fundamental na programación cultural e de lecer na cidade adáptanse á situación actual establecendo unha serie de normas de seguridade e hixiene para a utilización das barcas:

  • É obrigatorio o uso de máscaras sanitarias.
  • A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo.
  • Será necesario o uso da solución hidroalcohólica que estará ao dispor dos usuarios.
  • Os usuarios contarán con chalecos salvavidas se son solicitados.
  • O encargado do servizo establecerá distancias de seguridade no caso de ser necesario.

 

Cartel paseos en barca