5/10/2020 A finais de setembro a publicación de elespanol.com no seu apartado Vivir/Escapadas achegábase a Monforte para ofrecernos plans e cousas que ver en Monforte estando de visita.
“Coa constante responsabilidade de ser capital da Ribeira Sacra, Monforte saca as suas mellores galas para mostrar ao viaxeiro outros dos seus atractivos, como o seu centro histórico medieval de pegada xudea, as súas importantes manifestacións artísticas, a súa oferta de viños de calidade e unha deliciosa gastronomía con produtos locais de calidade.
Monforte de Lemos é unha cidade e municipio situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca de Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Con 199,52 km cadrados e 18.433 habitantes, segundo censo do 2019, Monforte é o segundo municipio máis poboado da provincia.
Monforte viviu o seu esplendor nos séculos XVI e XVII cando foi capital do Condado de Lemos. Dous séculos despois, a chegada do ferrocarril converteuna no núcleo ferroviario máis importante de Galicia, polo que o municipio debe moito ao ferrocarril, ao que dedica un museo.
Razóns para visitar Monforte
A Ribeira Sacra. Este é o principal motivo que move ao viaxeiro que se despraza ata Monforte motivado pola fermosa paraxe natural do Sil. Alí atópase cun espectacular centro histórico con vestixios xudeus, varios museos con manifestacións artísticas de interese, unha bela ponte medieval que cruza o río Cabe e unha contorna natural digna de gozar. Por se non fose suficiente, os seus excelentes viños con denominación de orixe Ribeira Sacra e as súas tapas elaboradas con produtos locais convencen a quen visita Monforte de que alí merece a pena quedar.”
A información completa neste enlace