09/04/2020 Os días 11 e 12 de abril, na fin de semana de Semana Santa, Monforte acollía a XVIII edición da súa Feira Medieval. A cidade vístese de Medievo e durante dous días, monfortin@s e visitantes pasean as rúas e prazas da cidade participando das diferentes actividades. O estado de alarma decretado coa crise sanitaria do coronavirus impide que a Feira se poida celebrar na data prevista; pero si a podemos revivir aproveitando estes días de Semana Santa.
Accede aquí ao vídeo que promocionaba a edición do 2019
Accede aquí ao vídeo que promocionaba a edición do 2018
Accede aquí ao vídeo que promocionaba a edición de 2017
Coa Feira Medieval, Monforte rememora unha das épocas de maior esplendor da cidade da que dá mostra o Castelo de San Vicente coa súa Torre da Homenaxe comandando o Val de Lemos. Estamos na época do Condado de Lemos que na súa rama principal, contou coa Casa dos Castro, mecenas de escritores e artistas que destacaron pola súa filantropía e interese nos avances sociais e intelectuais.
Mostra dese pasado é tamén o Convento das Nais Clarisas e toda a colección de arte sacro que atesoura, unha das máis importantes de España; ou a muralla e toda a cidade intramuros que nos falan da importancia da presencia xudea en Monforte.