15/10/2021 A Fonte Cibernética da Compañía conta cun novo sistema informático e electrónico que permite a programación dunha gran variedade de coreografías. Así os 18 chorros de auga sincronízanse coa música, a luz e as cores, converténdose nun atractivo engadido para o centro da cidade.
Neste mes de outubro comezou o horario de inverno da fonte, polo que poderase gozar do espectáculo nos seguintes días e horarios:
- Venres de 18:00 a 22:00 horas, a cada hora
- Sábados, domingos e festivos, de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 22:00 horas, a cada hora