28/07/2023 O venres, día 4 de agosto, comeza na rúa Cardeal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello como antesala ás Festas Patronais contará nesta XXIII edición con 30 postos. O horario da mostra será de 10.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h. entre o 4 e o 9 de agosto.
Artelemos ten a vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, á vez que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.
Os diferentes stands mostrarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestería, complementos de moda, marroquinería, madeira e lousa, cerámica, obxectos de decoración, xoiería, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas.
Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade. A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo, terán lugar de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas e talleres ás 12 e ás 19 horas para os que é necesario anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello no espazo da mostra.
Programación XXIII Artelemos
Venres 4 de agosto:
- 10:00 h.- Apertura de stands de venda
- 12:00 a 14:00 h.- Demostración olería de Gundivós. Artesán: Elías González
- 13.00 h.- Inauguración oficial da 23ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
- 18:00 h.- Apertura de stands de venda
- 19:00 a 21:00 h.- Demostración olería de Gundivós. Artesán: Elías González
Sábado 5 de agosto:
- 10:00 h.-Apertura de stands de venda
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de cestería. Artesá: Luisa Martínez
- 18:00 h.- Apertura de stands de venda
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de cestería. Artesá: Luisa Martínez
Domingo 6 de agosto:
- 10:00 h.- Apertura de stands de venda
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
- 18:00 h.- Apertura de stands de venda
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Escrich
Luns 7 de agosto:
- 10:00 h.- Apertura de stands de venda
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
- 18:00 h.- Apertura de stands de venda
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería infantil. Artesán: Noel Pérez
Martes 8 de agosto:
- 10:00 h.- Apertura de stands de venda
- 12:00 a 14:00 h.- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
- 18:00 h.- Apertura de stands de venda
- 19:00 a 21:00 h.- Demostración olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de olería para nenos e nenas. Artesá: Otilia Arias
Miércoles 9 de agosto:
- 10:00 h.- Apertura de stands de venda
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo
- 18:00 h.- Apertura de stands de venda
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Romo