16/12/2024 Monforte de Lemos vístese de Nadal para despedir o 2024 e recibir con ilusión o 2025. Os monumentos e principais espazos da cidade gozan de ambientación para levar o espírito do Nadal a toda a cidade, con case 70 rúas iluminadas e máis de 1,2 millóns de luces led.
Na sala de exposicións da Casa da Cultura cóntase co Belén galego de J. Antonio Dávila, que estará en exposición ata o 8 de xaneiro. E a Asociación Albores decora de Nadal, un ano máis, o vestíbulo da Casa do Concello.
Durante 2 fins de semana a Praza de Abastos acolle o Mercado de Nadal, os días 21 e 22 e 28 e 29 de decembro. Contarase tamén con actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño. O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados da Praza de Abastos durante a mañá do sábado 24 de decembro.
Concertos, teatro e espectáculos
- 14 de decembro, ás 20:00h, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o grupo de teatro Viraventos, representará “Copacabana”
- 19 de decembro, ás 20:00h, no Edificio Multiusos 24ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino.
- 20 de decembro ás 20:00h, no Edificio Multiusos, Festival Nadal 2024 a cargo do Conservatorio Municipal
- 21 de decembro ás 19:00h, Concerto de Corais Nadal 2024, na Igrexa Nosa Señora da Antiga coa actuación do Coro Ensamble Vocal Gijón, o Coro de Voces Graves de Vigo e a Coral Polifónica Concello de Monforte.
- 21 de decembro, ás 20:00h, Concertos Nadal de 7Rojo na rúa Cardeal.
- 23 de decembro, ás 20:00h na Casa da Cultura, Recital Lírico de Emilia Pérez e Lucas López. Organiza Sociedade Filarmónica de Monforte.
- 26 de decembro, ás 18:00h, no Edificio Multiusos, Trécola Producións representará, “Coa música a outra parte".
- 27 de decembro, ás 20:00h na Casa da Cultura espectáculo de humor de Alberte Montes con "Patrón".
- 28 de decembro, ás 20:00h, na rúa Cardeal, Concertos de Nadal con Movilla y Los Irrepetibles.
- 3 de xaneiro, ás 18:00h na Casa da Cultura Lilá Teatro representará "Cachopo máxico".
- 3 de xaneiro, ás 20:00h., no Edificio Multiusos, Concerto de Ano Novo que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo. Organiza a Sociedade Filarmónica de Monforte.
Cabalgata de Reis
Un dos días máis agardados será o domingo, 5 de xaneiro, no que os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:30 horas. O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio. Un pouco máis tarde, ás 19:30 h., as Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial e recibirán ós nenos e nenas en recepción oficial.
Desde o concello desexan que monfortinos e visitantes vivan con alegría e ilusión estas festas, que esperan contribúan a dinamizar os sectores produtivos, especialmente a hostalería, o comercio e o turismo.