15/02/2025 MUSEO DE ARTE SACRO DAS NAIS CLARISAS
Sen dúbida, este é o museo máis destacado da cidade debido ao enorme valor da colección que acolle e que está considerada como unha das máis importantes de España. O convento foi fundado no século XVII polos VII Condes de Lemos, que doaron a súa colección particular composta por obras españolas e italianas. Na actualidade, no convento viven as monxas de clausura da Orde das Franciscanas Descalzas.
A colección de arte italiana dos VII Condes de Lemos
Visitas libres, previa reserva. Contacto: 606 548 044. Tarifa: 5€.