OFICINA DE TURISMO

A Oficina de Turismo de Monforte sitúase nun edificio emblemático de Monforte que foi empregado ao longo dos anos para moi distintas funcións. En 1.752 foi doado á Orde de San Juan de Deus para converterse en hospital. Na segunda metade do século XIX pasou a ser Casino e nos anos 30 do século XX converteuse na sede do Concello de Monforte.

Neste edificio sitúase tamén o Centro do Viño de Ribeira Sacra co seu Centro de Interpretación, a súa Tapería e Vinoteca, ademais de sede do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. A diposición interior do edificio marca o fluxo e a circulación da visita a través do seu patio e galería.

Situada en pleno centro da cidade e ás portas do barrio xudeu, a Oficina de Turismo é o lugar de referencia para quen queira coñecer máis da riqueza patrimonial, cultural e paisaxística da cidade do Cabe, do municipio de Monforte de Lemos e de todo o territorio Ribeira Sacra. Aquí comezan as visitas guiadas ao Centro do Viño todos os días ás 12:30h e 18:00h..  Ver ubicación 

CONTACTOS

Teléfono: 982 404 715

turismo@concellodemonforte.com

INFORMACIÓN ADICIONAL:

 Guía de horarios de visita para Monforte e Ribeira Sacra Novembro 2024

 Rueiro turístico Monforte