Ribeira Sacra

RIBEIRA SACRA

 

Ribeira Sacra é a maior concentración de románico rural de Europa, é a valentía dos viticultores que traballan as viñas en bancales nun terreo de vértigo con grandes pendentes que se deslizan cara aos ríos, son as festas gastronómicas e en honor ao viño que se suceden ao longo do ano, Ribeira Sacra é espiritualidade, soutos centenarios, barcas asucando o Miño, o Sil e o Cabe, é cheiro a Mencía, canto de paxaros e brisa sobre as follas de cepa, é unha viaxe cara a tí mesm@ a través dunha paisaxe máxica.

Ribeira Sacra configúrana unha veintena de municipios repartidos entre o sur da provincia de Lugo e o noreste da provincia de Ourense. Únelles a paisaxe, o viño (D.O. Ribeira Sacra) e a tradición monástica. O maior núcleo de poboación de Ribeira Sacra é Monforte de Lemos, é tamén o núcleo con todos os servizos necesarios para o visitante, por iso coñecer Ribeira Sacra desde Monforte é unha opción perfecta

Unha visita obrigada na cidade, como prólogo ou como punto e final á nosa visita a Ribeira Sacra, é o Centro do Viño. Un espazo expositivo innovador no que achegarnos a Ribeira Sacra a través dos sentidos. Nas instalacións atópase tamén a Oficina de Turismo e a Vinoteca onde adquirir todos os viños da D.O. Ribeira Sacra.

Desexamos que gocedes como nunca dunha experiencia fantástica en Ribeira Sacra e na nosa cidade.

Documental promocional Ribeira Sacra

Audiovisual Centro do Viño

Accede á web Centro do Viño