Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O goberno municipal pregúntase se a voceira do PP defende os intereses de Monforte ou os de Paradores |
Diante da negativa do Partido Popular de Monforte a asinar as cartas dirixidas ó ministro de Industria, Energía y Turismo e ó presidente da Xunta de Galicia, solicitando que o Parador de San Vicente do Pino non se vexa afectado polas medidas anunciadas pola dirección de Paradores, o grupo de goberno do BNG quere facer público o contido das citadas misivas.
|
16/12/2012 | Noticias histórico |
A Ribeira Sacra queda á marxe dunha promoción turística da Xunta de Galicia |
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., coñecida como TURGALICIA, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo que, á súa vez, está adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ven de poñer en marcha unha campaña de promoción do turismo no país baixo o título “Vive Galicia”.
|
19/12/2012 | Noticias histórico |
A Deputación crea unha web ó servizo da comercialización dos produtos turísticos de Lugo |
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, en representación da área de Turismo do organismo provincial, presentou esta mañá en Monforte a nova páxina web dedicada ó sector económico relacionado coa actividade turística.
|
20/12/2012 | Noticias histórico |
Preocupación e indignación do empresariado polas medidas que adopte Paradores |
As persoas que asistiron á reunión convocada por Severino Rodríguez, todas representantes dos sectores económicos da cidade e dos traballadores do Parador, acordaron facer unha declaración na que se recolla “a enorme preocupación e indignación polas medidas que poida adoptar a compañía en prexuízo do Parador de San Vicente do Pino, de Monforte e da comarca”.
|
20/12/2012 | Noticias histórico |
Pleno Extraordinario 21 de Decembro de 2012 |
ORDE DO DÍA: Punto Único.- Aprobación Plan Xeral Ordenación Municipal |
21/12/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Presentada unha moción sobre a exclusión da Ribeira Sacra da promoción turística “Vive Galicia” |
Tal e como anunciara o Alcalde, o grupo municipal do BNG presentou o xoves día 20 de decembro unha moción na que solicita explicacións á Xunta de Galicia diante da exclusión da Ribeira Sacra da campaña de promoción “Vive Galicia”. A moción tamén esixe que se solucione esta anómala situación e que se inclúa á Ribeira Sacra na citada promoción “co protagonismo que merece”.
|
23/12/2012 | Noticias histórico |
Pleno Extraordinario Urxente 26 de Decembro de 2012 |
ORDE DO DÍA: 1.- Pronunciamento sobre a urxencia. 2.- Parador de Monforte de Lemos. |
26/12/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |