Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O importe das facturas pendentes de pago é inferior a 700.000 euros | 15/03/2012 | Noticias histórico | |
O goberno municipal considera urxente a construción dunha nova depuradora |
O grupo de goberno do concello de Monforte rexistrou, para ser debatida no próximo pleno, unha moción na que reclama a construción dunha nova depuradora de augas residuais (EDAR).
|
17/03/2012 | Noticias histórico |
O Concello tramitará a ampliación da actual zona ARI |
O alcalde de Monforte entrevistouse esta mañá en Compostela co Director Xeral do IGVS, José Boné Pina, para expoñerlle a intención do Concello de solicitar unha ampliación da Área de Rehabilitación Integral da cidade (ARI) e avaliar a viabilidade da aprobación da citada ampliación.
|
20/03/2012 | Noticias histórico |
O goberno municipal reclama solucións satisfactorias á problemática das participacións preferentes |
O grupo de goberno do Concello de Monforte rexistrou, para ser debatida no próximo pleno, unha moción relativa á protección das persoas afectadas pola colocación masiva de participacións preferentes.
|
21/03/2012 | Noticias histórico |
As Xornadas de Saúde e o Obradoiro de Mecánica centran a actividade do CIM |
As V Xornadas de Prevención da Saúde na Muller centrarán mañá as actividades que se desenvolven dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.
Mañá impartirase a segunda charla destas xornadas nas que expertos en temas sanitarios abordan diferentes aspectos relacionados coa saúde na muller. |
21/03/2012 | Noticias histórico |
Monforte opta á "Escoba de Plata" coa que se premia o compromiso cidadán coa limpeza da cidade |
O Alcalde anunciou que o concello de Monforte presentou a súa candidatura para o concurso Escoba de Plata 2012, e que ten de prazo ata finais de mes para enviar a documentación necesaria para optar ó citado premio.
|
22/03/2012 | Noticias histórico |
O aforro no gasto municipal capitaliza o esforzo do Plan de Axuste |
A concelleira de facenda, Mª Xosé Vega, explicou a proposta de axuste económico que o goberno municipal someterá á aprobación da Corporación Municipal no vindeiro pleno que se celebrará na mañá do venres día 30 de marzo.
|
28/03/2012 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario 30 de Marzo de 2012 |
ORDE DO DÍA 1.- Aprobación Acta do Pleno da Corporación de data 27 de Febreiro de 2012. 2.- Dar conta de Decretos da Alcaldía (do número 114, de 13 de febreiro de 2012 ao número 180, de 19 de marzo de 2012). 3.- Dar conta da relación de facturas RDL 4/2012. 4.- Dar conta de inicio de expediente de solicitude de ampliación da Área de Rehabilitación Integral de Monforte. |
30/03/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Aberto o prazo de inscrición para un curso da UNED |
A Aula Universitaria da UNED de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para o curso ¿Como educar a nosa intelixencia emocional?, que se celebrará os días 20 e 27 de abril.
En total serán 25 horas lectivas repartidas en dúas sesións de catro horas de duración e dezasete horas de traballo online.
|
13/04/2012 | Noticias histórico |
A mocidade participará en rutas guiadas para coñecer mellor a riqueza artística, histórica e literaria de Monforte |
A concellería de educación e cultura, dirixida por Pilar López, levará a cabo durante os meses de abril e maio unha serie de rutas guiadas dirixidas ó alumnado de primaria e secundaria dos diferentes centros da cidade.
|
18/04/2012 | Noticias histórico |