Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O custo de explotación da nova potabilizadora tratarase nunha Xunta de Portavoces |
O alcalde, Severino Rodríguez, convocou unha Xunta de Portavoces que se celebrará na Casa do Concello ás 11:00 h. de mañá mércores día 19 de marzo.
O asunto que tratará o alcalde cos portavoces municipais, Julia Rodríguez (PP), José Tomé (PSOE) e Mª Xosé Vega (BNG), será o do custo de explotación da nova potabilizadora.
|
18/03/2014 | Noticias histórico |
O Concello leva máis dun ano reclamando a subsanación de deficiencias na obra da Praza de Abastos |
O Concello de Monforte está actuando correctamente respecto á reclamación da reparación das deficiencias da obra de reforma da Praza de Abastos, reclamación presentada á UTE formada polas empresas Gestión Ambiental de Contratas S.L. e Pozanca S.L, reponsables da execución do proxecto.
|
19/03/2014 | Noticias histórico |
O Concello pagará 150.000 euros polo custo de explotación da nova potabilizadora |
Esta mañá celebrouse no Concello unha Xunta de Portavoces na que se abordou o custo de explotación da nova potabilizadora. Na reunión tamén estiveron presentes o secretario, a interventora e o enxeñeiro municipal.
|
19/03/2014 | Noticias histórico |
Rosa Ana Somoza substituirá a Xosé Manuel Pavón no Goberno Municipal |
O alcalde, Severino Rodríguez, o concelleiro de Obras, Xosé Manuel Pavón, e a súa substituta no Goberno Municipal, Rosa Ana Somoza Vila, anunciaron en rolda de prensa os cambios nas tarefas do Goberno de Monforte.
|
20/03/2014 | Noticias histórico |
Os concellos de Lugo e Monforte forman un eixe en defensa do AVE |
Os concellos de Lugo e Monforte suman esforzos para evitar que o Ministerio de Fomento marxine á provincia de Lugo na chegada do AVE a Galicia.
|
21/03/2014 | Noticias histórico |
Muller Creativa: un Mercado para promover o talento das mulleres de Monforte |
A Praza de Abastos de Monforte acollerá esta fin de semana, días 29 e 30 de marzo, un Mercado no que 17 mulleres monfortinas darán a coñecer o seu talento creativo.
En Monforte existe un número importante de creadoras, moitas delas novas, e a organización dos mercados considera que é importante que o público as coñeza.
|
26/03/2014 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario 31 de marzo de 2014 |
ORDE DO DIA: 1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DE 28 DE FEBREIRO DO 2014 2. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA de data 25.02.2014 ata a de data 25.03.2014 3. DACIÓN DE CONTA LIQUIDACIÓN ORZAMENTO 2013 4. PROPOSTA DA ALCALDIA SOBRE A ADSCRICIÓN DA NOVA ETAP DE RIBASALTAS E INCORPORACIÓN DO CUSTE QUE A MESMA SUPÓN AO ORZAMENTO DO ANO 2014 5. |
31/03/2014 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Admitidas 95 solicitudes para participar na XII Feira Medieval de Monforte |
O número de participantes admitidos/as na XII Feira Medieval de Monforte, que se celebrará os días 19 e 20 de abril, supera amplamente os da edición do ano 2013.
|
01/04/2014 | Noticias histórico |
O medievo e o calzado serán os novos protagonistas dos Mercados do mes de abril |
A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, presentou os Mercados do mes de abril e fixo balance do mercado Muller Creativa, celebrado a pasada fin de semana.
|
01/04/2014 | Noticias histórico |
O Xulgado desestima nun 92% a demanda de ESCOR contra o Concello |
A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, informa que o Xulgado do Contencioso Administrativo número un de Lugo desestimou na súa maior parte o recurso contencioso administrativo número 110/2010 interposto pola empresa ESCOR, que fora concesionaria do servizo público de limpeza viaria urbana e recollida de lixo en Monforte. |
13/04/2014 | Noticias histórico |