A concelleira de igualdade, Ana Casal, informa sobre as actividades que se desenvolverán dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”. Estas actividades realizaranse durante todo o mes e abarcan charlas sobre saúde, obradoiros, unha exposición, e outros actos, algún deles cun carácter máis festivo.
As actividades, segundo a orde de celebración, son as seguintes:
Xoves día 8 de marzo:
- Inauguracióndaexposición“Emigración de Mujeres Valientes”
A exposición foi cedida polo Instituto de la Mujer do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e será presentada porDª.María Xosé Rodríguez Galdo,Catedrática de Historia e Institucións Económicasda USC. O acto celebrarase ás 20:00 horas na Sala deExposicións da Casa da Cultura do concello de Monforte de Lemos.
- Proxección, na Casa da Cultura, dunaudiovisualrealizado por D. Carlos Álvarez López sobre o papel da muller nos procesos migratorios.
Sábado día 10 de marzo:
- Cea de Confraternidadeentre mulleres
A concellería de igualdade, a través do CIM, colabora nesta actividade que está organizada por distintos colectivos da cidade para conmemorar o “Día Internacional da Muller”. Celebrarase ás 21:30 horas no Restaurante “Don Manuel”.
Mércores día 14 de marzo:
- Obradoiro de “Mecánica básicapara automóbil”
Obradoiro dirixido ás mulleres quese desenvolverá grazas á colaboración de de Autos Lemos, S.L., empresa que cede desinteresadamente as súas instalacións de 19:00a 21:00 horas, do citado día. As prazassonlimitadase será necesario inscribirsepreviamente no Centro de Información á Muller.
Actividades a desenvolver ó longo do mes de marzo:
- V Xornadas de Prevención da Saúde na Muller
Expertos en temas sanitarios abordarán, en dúas conferencias, aspectos relacionados coa saúde na muller.
Xoves 15 de marzo:
“Avances no tratamento do cancro de mama”, impartida polo
Dr. Manuel Macía Cortiñas,Profesor da USC e Xefe de Obstetricia do
CHUS.
Xoves 22 de marzo:
“Fibromialxia: Aspectos médicos, familiares e laborais”, impartida
polo Dr. Victor Quevedo Vila, da Unidade de Reumatoloxía do Hospital
de Monforte de Lemos e por Dª. Mª Dolores Bermúdez Vázquez,
Presidenta de AGAFI.
As charlas celebraranse ás 20:00 horas no Salón de Actosda Casa da
Cultura de Monforte.
- Xogo da “Oca da Igualdade”
Proposta didáctica na que, a partir do tradicional xogo daoca, o alumnado de 6º de Primaria traballará os conceptos relacionados coa igualdadeentre homes e mulleres.Levaranse a cabo en tódolos centros de ensino de primariade Monforte.
- Obradoirosde Sensibilizaciónen materia de igualdade
Dirixidosóalumnado de 4º da ESO dos centros de educación secundaria de Monforte.