Os recortes da Xunta poñen en perigo a feira do libro de Monforte

A concelleira de cultura, Pilar López, rexeita a información relativa á feira do libro de Monforte publicada hoxe nun xornal, atribuíndo á falta de apoio económico por parte do Concello a non celebración deste evento cultural na nosa cidade. Incluso a propia Federación de Libreiros manifestoulle ó Concello a súa sorpresa ante a citada información.

 

Pilar Lópezafirma que a política de promoción do libro e da lectura é  responsabilidade da Xunta de Galicia e que se a feira do libro monfortina non figura no listado destas celebracións publicado no DOGA débese, única e exclusivamente, ó recorte orzamentario efectuado pola Xunta de Galicia e pola Federación de Libreiros na asignación que destinan á realización das feiras do libro. Esta diminución no orzamento para as feiras do libro levou á Federación de Libreiros a suprimir algunhas das feiras que figuraban no calendario dos derradeiros anos.

 

A responsable da área de cultura manifesta que a situación real é xustamente a contraria, e que o concello de Monforte intentará por tódolos medios ó seu alcance que a feira do libro volva celebrarse un ano máis na nosa cidade.

 

Pilar Lópezreuniuse o pasado día 18 de xaneiro con Antonio Fernández Maira, coordinador das feiras do libro e representante da Federación de Libreiros de Galicia, quen lle explicou á concelleira o alcance do recorte no orzamento das feiras do libro por parte da Xunta e da Federación.

 

Pilar Lópezamosoulle o interese do Concello por manter este evento, supeditando o apoio económico á elaboración do orzamento municipal do ano en curso. A delegada de cultura en ningún momento se negou a realizar a feira, senón que propuxo alternativas que abaratasen os custos e fixesen posible a súa celebración.

 

Antonio Fernández Maira e Pilar López quedaron en volver xuntarse para definir fórmulas que permitan a Monforte contar coa feira do libro a pesares dos recortes orzamentarios da Xunta de Galicia e da Federación de Libreiros.

 

 

  

Archivos Adjuntos: