A concelleira Pilar López destacou a grande orixinalidade, humor e imaxinación do participantes e salientou a normalidade transgresora da festa que se "desenvolveu sen maiores incidentes e nun ton festeiro, e ao tempo solidario, co que os monfortinos e monfortinas demostraron que se pode pasalo ben e facer o ben".
Primeiros premios de disfraces e comparsas
- Individual infantil: Phineas e Ferb (Laura e Paula)
- Individual adulto: Pinocho e Geppetto (M. Rocío Rodríguez Gonda)
- Comparsas de fóra: Invasión Extraterrestre de Pantón
- Comparsas entre 4 e 24 compoñentes: Aracnofobia
- Comparsas entre 25 e 50 compoñentes: O pobo manda da Plataforma en defensa da sanidade pública.
- Comparsas entre 51 e 90 compoñentes: Desembarco en Carudé, Comparsa de Carudé - Los Goyas.
- Comparsas de máis de 90 compoñentes: Circo do Sol do Colexio dos Escolapios.
- Premio á música en vivo: O pobo manda da Plataforma en defensa da sanidade pública.
- Premio comparsa tradicional: Co paro volta á aldea
- Premio á crítica de actualidade: Atrapa un millón
- Premio ao mellor humor: Nos cuece la escocia.
- Premio á posta en escena: 101 Dálmatas do Club Quicela Ximnasia Rítmica.
- Premio ás carrozas: Aracnofobia
Archivos Adjuntos: