O concello de Monforte, a través da aula CEMIT situada no Edificio Multiusos, impartirá ó longo deste ano 2012 os seguintes cursos:
- Posicionamento Web (14, 15 e 16 de maio) 15 horas de duración
- Deseño Gráfico (18, 19, 20 e 21 de xuño) 15 horas de duración
- O Papel do Community Manager (17, 18, 19 e 20 de setembro) 15 horas de duración
O prazo de inscrición para os 2 primeiros cursos (Posicionamento web e Deseño Gráfico) remata o 04 de maio, e para o outro curso (O Papel do Community Manager) o prazo de inscrición remata o 24 de maio.
As inscricións están limitadas polo aforo da aula, que é de 16 persoas, e o cupo irase cubrindo por rigoroso orde de inscrición.
A inscrición nestes cursos debe realizarse a través da páxina web do CEMIT.
O programa completo dos cursos poden consultalo na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es, e se necesitan calquera aclaración deben dirixirse á oficina municipal de emprego situada nas Casiñas da Compañía.