O Concello e o Fogar San José asinaron un convenio de colaboración

O alcalde, Severino Rodríguez, e a relixiosa Josefa Vilariño,asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o Concello aportará 6.000 euros para contribuír co labor que desenvolve en Monforte o Fogar de San José Hermanitas Ancianos Desamparados.

 

Mediante este convenio o Concello continúa coas políticas de apoio ós colectivos e entidades implicados na resolución de problemas sociais, especialmente os que afectan a persoas con poucos recursos e, en moitos casos, en situación de dependencia.

 

O obxectivo é conseguir uns servizos sociais dirixidos a tódolos colectivos e á poboación en xeral, procurando desta forma o benestar social de toda a cidadanía.

 

O Concello considera que as entidades non gobernamentais constitúen unha canle básica de participación e cooperación nas actividades sociais.

 

O Fogar de San José Hermanitas Ancianos Desamparados, ten como finalidade a asistencia ás persoas maiores.

 

A finalidade deste convenio é establecer os acordos de colaboración, entre o Concello e o Fogar, para o desenvolvemento do programa de atención a persoas dependentes a través dun equipo multidisciplinar formado por psicólogos, terapeutas ocupacionais, enfermeiras e traballadoras sociais, atendendo dende unha perspectiva integral as necesidades de carácter persoal, psico-social e sanitario dos 120 anciáns residentes no centro. Para isto o Concello  comprométese a aportar a cantidade de 6.000 €.