Severino Rodríguez reuniuse hoxe, ás 13:00 h. na Casa do Concello, cos voceiros/as dos tres grupos políticos da Corporación Municipal para abordar a situación do Parador de Monforte ante as medidas anunciadas pola dirección da compañía.
Mº Xosé Vega, do BNG, José Manuel Puga, do PP, e José Tomé, do PSOE, xunto co Alcalde, acordaron remitir unha carta ó ministerio de Industria, Energia y Turismo e outra á Xunta de Galicia, solicitando que o Parador de San Vicente do Pino continúe abrindo as súas portas durante once meses ó ano e que se manteñan os 31 postos de traballo cos que conta na actualidade.
Por outra banda, o Alcalde e os voceiros municipais seguirán con atención o desenvolvemento das negociacións entre a compañía e os representantes dos traballadores.