O pasado 21 de Decembro foron aprobadas as bases para a licitación do psto nº5 da Praza de Abastos de Monforte de Lemos, o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de Xaneiro de 2013.
As actividades admisibles serán todas as relativas á comercialización de produtos destinados a alimentación humana, tanto envasados como a granel. Así mesmo, admitiranse as relativas á comercialización de obxectos de artesanía, regalo, enxoval de fogar, prensa, flores, plantas e produtos hortícolas.
O posto 5 conta co equipamento sinalado no Anexo III, que se considera suficiente para o exercicio da actividade, polo que o adxudicatario non deberá realizar inversión de equipamento algunha, sen prexuízo da que voluntariamente considere axeitada en orden a conquerir a estética e decoración máis acorde o seu proxecto de explotación. En todo caso calquera inversión realizada requirirá autorización previa do Concello e quedará, ó finalizar a concesión, en beneficio do posto.