Votación de estranxeiros nas eleccións municipais do ano 2015

O servizo de estatística-padrón do concello de Monforte de Lemos (oficina do censo electoral), informa sobre o dereito a voto dos estranxeiros na próximas eleccións municipais.

 

O 24 de maio de 2015 celebraranse eleccións municipais en España. Nelas poderán votar os cidadáns residentes en España, maiores de idade o día da votación, que sexan nacionais de países da Unión Europea ou de países con acordos que lles recoñezan ese dereito (Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Corea, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai, Perú e Trinidad e Tobago).

 

Para exercer o dereito de sufraxio, e dicir, para poder votar, é condición indispensable estar inscrito no Censo Electoral vixente para esas eleccións, que se forma coas inscricións nos padróns municipais referidas ao 30 de decembro de 2014 e se amplía coas inscricións dos nacionais de países con acordos en vigor no prazo establecido na normativa vixente.

 

MODO DE INSCRICIÓN:As inscricións nas listas electorais de estranxeiros residentes en España, indispensable para ter dereito a voto, FARANSE SEMPRE A INSTANCIA DE PARTE (e dicir, HAY QUE SOLICITALO).

 

CONDICIÓNS: As condicións que rexen a inscrición e/ou a manifestación da intención de votar son distintas segundo se trate de cidadáns con nacionalidade dalgún país da Unión Europea ou de cidadáns con nacionalidade de países con acordos coa Unión Europea.

 

Pode consultar máis detalles sobre este asunto na sección de Estatística - Padrón desta web, á que pode acceder facendo clic aquí.

 

Se desexa acceder a esta información dende o seu Smartphone, capture o código QR que se mostra ó pé desta nova.