O Concello abre parcialmente ó tráfico a rúa Calvo Sotelo

Esta mañá houbo unha reunión, a pé de obra, entre o Alcalde, o concelleiro de Servizos, o director da obra de demolición, o xefe da Policía Local e o capataz de obras da brigada municipal para valorar sobre o terreo a situación dos traballos de derrubamento do edificio 161 da rúa Calvo Sotelo.

 

Durante o encontro chegouse á conclusión de que a situación das tarefas permite a apertura parcial, cun só carril alternativo para paso de vehículos, debidamente sinalizado, sempre dando prioridade á seguridade. Para iso, o mandatario local solicitou a elaboración de novos informes, tanto ó director da obra de demolición como ó Xefe da Policía Local no que se reflectise a posibilidade da apertura citada anteriormente.

 

Con esta decisión, o Alcalde da cumprimento ó seu compromiso con veciños e comerciantes de abrir de xeito inmediato a rúa Calvo Sotelo para a circulación de vehículos e, normalizar así, a situación na medida do posible, tan pronto como así o permitiron os correspondentes informes técnicos.