CONTACONTOS CON MAXIA para público familiar no Edificio Multiusos, FRAN REI con A HISTORIA DE BRANCAFLOR

cartel Fran Rei

 

O salón de actos do Edificio Multiusos acollerá o sábado 29 de decembro ás 18:00 horas, dento do programa Proscenio da Deputación Provincial de Lugo, unha representación teatral para público familiar con entrada libre e gratuita. Representación que realizará FRAN REI coa obra “A HISTORIA DE BRANCAFLOR”. Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos Marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.   Con Fran Rei, como protagonista, A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersoal de Os Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte dos contacontos. A narración vén acompañada con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.