O BAÚL DO MAGO -Nadal 2018

cartel o baúl do mago

 

Monforte de Lemos terá o vindeiro domingo 30 de decembro de 11:30 a 13:3o e de 16:00 a 19:00 h, na praza de España, e dentro da PROGRAMACIÓN ESPECIAL DE NADAL da Deputación Provincial de Lugo, o espectáculo O BAÚL DO MAGO. O Baúl do Mago, trátase dun espectáculo que se desenvolve nunha caravana converida nun auténtico Teatro Itinerante en busca de aventuras, espazo onde se achega a maxia á sociedade dunha forma próxima e divertida, adaptada para o goce de todos os públicos. Realízanse pases para un reducido número de persoas que poderán sentarse e gozar dunha breve e fascinante experiencia.