Representación Teatral I.E.S. A Pinguela

 

XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos: “LINGUA DE LATA” do IES A PINGUELA, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o venres 26 de abril ás 20:00 h.

A segunda das representacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos terá lugar o venres 26 de abril a partir das 20:00 h no salón de actos da Casa da Cultura. Os alumnos e alumnas do grupo de teatro "A Pinguela 2019", baixo a dirección de Paqui Abeledo, representarán a obra "Lingua de lata", adaptación de Francisco Oti e Julio Fernández. 

Folleto I.E.S. A Pinguela