O Alcalde fai entrega dos diplomas da 3ª quincena do Programa Deportivo de Verán de Monforte

Monforte de Lemos, 14 de agosto de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán e a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega hoxe mércores 14 de agosto no pavillón da Pinguela dos diplomas acreditativos ós 87 nenos e nenas que participaron na terceira e derradeira quincena do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte.

José Tomé destaca que “dende o Concello, fixemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 822 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos que dende o Concello puxemos en marcha para as actividades de verán, 8 máis que en 2023”.

O Alcalde subliña que “o noso obxectivo é facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares, e, sobre todo, para que os nenos e nenas de Monforte poidan disfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.

Nas 3 quincenas celebradas deste Campamento Deportivo de verán contou coa participación dun total de 296 nenos e nenas.