Monforte de Lemos, 17 de abril de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de convocar unha sesión extraordinaria e urxente da Corporación municipal do Concello, co obxecto de levar a cabo a aprobación inicial do Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Monforte. A sesión plenaria celebrarase este venres 19 de abril ás 8 da tarde. |