Las cifras de reciclaje de residuos de los monfortinos, mejores en 2021 que en 2020

Monforte de Lemos, 4 de febrero de 2022. El Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, dio a conocer los datos de los residuos recogidos tanto en la ciudad como en las parroquias en el pasado año 2021, y que avalan “que los monfortinos están cada vez más concienciados en la separación selectiva de la basura doméstica, ya que las cifras de reciclaje en el año 2021 mejoran con respeto a las alcanzadas en 2020”.

De este modo, los vecinos reciclaron más vidrio, papel y cartón, ropa, pilas y enseres domésticos que en 2020, y se mantienen cifras similares en cuanto a la recogida de envases y aceite doméstico.

“Las cifras de recogida de residuos en 2020”, resalta el Alcalde, “son mejores que en 2020 y que en 2019, por lo que desde el Ayuntamiento agradecemos a los ciudadanos de Monforte su concienciación y colaboración, ya que están contribuyendo decisivamente a hacer del Ayuntamiento una ciudad más limpia al tiempo que contribuyen a la protección del medio ambiente”.

Son muy significativos los aumentos porcentuales en recogida de pilas (+42.97%, con 1,67 toneladas recogidas en 2021 frente a las 1,168 tm de 2020 y en la recogida de ropa, que se incrementa respecto a 2020 en un 173,84% (de 2,833 toneladas a 7,758 toneladas). En este último caso, cabe recordar que el Ayuntamiento adjudicó la finales de 2020 la una empresa a gestión de colectores de ropa usada, ubicados en 12 puntos estratégicos de la ciudad, proporcionando así un servicio a los ciudadanos que antes no existía y que es la causa de este importante incremento en la recogida.

También son significativos los datos en la recogida del colector azul (papel y cartón, con un incremento del 15,64%), así como de vidrio (1,60%). Finalmente, la recogida de plásticos agrícolas, que se suele hacer principalmente en los meses de mayo o junio, también refleja un incremento porcentual del 13,70%. En cuanto a la recogida de muebles, electrodomésticos y enseres, servicio que se puede solicitar llamando al 901101390, el número de avisos pasó de 1.477 llamadas atendidas en 2020 a 1.243 en 2021.

Mellores cifras de recollida de residuos que en 2020

Por colectores e tipo de residuo as cifras aportadas dende a Concellería de Medio Ambiente son as seguintes:

Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. En 2019, recolléronse 190,3 toneladas, en 2020 foron 196,7 tm., e en 2021 foron 195,94 tm., polo que as cifras de recollida son similares nos dous últimos anos.

Iglú verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Neste colector aumentouse un 1,6% a recollida con respecto a 2020, no que foron 299,60 as toneladas recollidas fronte as 302,72 tm. en 2021. O volume recollido en 2019 foi de 301,52 tm.

Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios... Neste colector aumentou significativamenta a recollida, alcanzando un 15,64% con respecto ó ano anterior (2019, 340,14 toneladas, 303,94 tm. en 2020 e 349,47 toneladas en 2021).

Contenedor verde: o colector destinado á recollida da chamada “fracción resto” correspondente a residuos urbanos, as cifras son similares nos tres últimos anos, con 6.704,87 toneladas en 2019 e 6.707,47 tm. en 2020, e 6.803,90 en 2021, un 2,02% máis.

Aceite doméstico: a recollida deste tipo de residuos tamén mantén cifras moi similares se comparamos os dous últimos anos, con 7,225 toneladas en 2020 e 7,205 toneladas en 2021, cifras que melloran as do ano 2019, no que se recolleron 6,722 toneladas.

Pilas: A recollida de pilas e baterías, que é un residuo altamente perigoso para o medio ambiente, é un dos residuos nos que a recollida máis aumentou en Monforte, en concreto, un 42,97% máis que en 2020, pasando das 1,168 toneladas a 1,67 tm. en 2020.

Plásticos Agrícolas: Foi este o tipo de residuo que máis se recolleu este ano en Monforte, recollida que se organiza ano a ano dende o Concello de Monforte, en concreto no meses de maio ou xuño. Deste xeito, a recollida de plásticos agrícolas aumentou en 2021 un 13,70% con respecto a 2020, pasando das 7,88 toneladas ás 8,96.

Recollida de mobles, electrodomésticos e enseres domésticos: Finalmente, na recollida de enseres domésticos, electrodomésticos e mobles, servizo que se pode solicitar chamando ó 901101390, o número de avisos pasou de 1.477 chamadas atendidas en 2020 a 1.243 en 2021.

Este descenso no número de chamadas e recollidas débese a que en 2020, debido ós periodos de confinamento determinados polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19, constatouse moitos cidadáns aproveitaron para facer limpeza nas súas casas deste tipo de residuos. De feito, se observamos o número de avisos en 2019, este é de 1.027 chamadas, polo que comparando co 2021, o incremento neste último ano é do 21,03%.

 

Táboa resumo da comparativa 2020-2021

 Fracción (en kg)

Ano 2020

Ano 2021

% respecto ano anterior

Fracción Resto

6.707.470

6.803.904

+2,02%

Papel

303.940

349.470

+15,64%

Vidrio

299.600

302.720

+1,60%

Envases

196.700

195.940

-0,39%

Ropa

2.833

7.758

+173,84%

Aceite doméstico

7.225

7.205

-0,27%

Pilas

1.168

1.670

+42,17%

Plásticos agrícolas

7.880

8.960

+13,70%

Chamadas recollida de enseres

1.477 chamadas

1.243 chamadas

 

 

O Concello de Monforte, concienciado coa axeitada separación de residuos

Dende o Concello de Monforte, o pasado ano leváronse a cabo dúas campañas de concienciación a reciclaxe de residuos domésticos, dirixida a todos os monfortinos e monfortinas e organizadas polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos, nos meses de novembro e decembro de 2021, que sen dúbida contribuíron á mellora dos datos descritos.

Baixo o lema “Usa os colectores de cores: si ti separas, nós reciclamos”, a campaña tivo por obxectivo informar ós veciños e veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que se xeran no fogar.

Para elo, dende o Concello levouse a cabo unha campaña informativa, cun novidoso reparto porta a porta de información directa ó cidadán, nas súas casas, e en todos os comercios de Monforte; e publicitaria coa publicación de anuncios en prensa, cuñas en radio e pancartas nas principais entradas da cidade.

O Concello tamén ubicou, como nos pasados anos, un stand informativo en distintos puntos da cidade, no que un monitor medioambiental informou ós cidadáns sobre o contido da campaña, repartindo para elo trípticos informativos e merchandising.

Finalmente, o pasado ano 2021, o Concello levou a cabo investimentos que superaron os 2,1 millóns de euros en renovación de equipos, colectores e vehículos para a recollida de lixo e limpeza viaria, “unha renovación moi importante para a nosa cidade e as nosas parroquias, que mellora significativamente a imaxe e a limpeza de Monforte, e que sen dúbida axudan a que no pasado ano 2021 os datos de recollida de residuos sexan mellores que en 2020, e poidan seguilo sendo neste ano 2022”, concluíu o Alcalde.