Traballador social por acumulación de tarefas
11/07/2024 Resultado proceso selectivo
05/07/2024 Lista definitiva admitidos e excluídos, tribunal e convocatoria ó 1º exercicio
18/06/2024 Bases
18/06/2024 Visto que se realizou o proceso selectivo o 15/05/2024 e que a única persoa integrante da lista, rexeitou a oferta.
A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 27/05/2024 por unanimidade, ACORDA:
1º.- Ampliar o prazo de presentación de candidato/a/s e facer unha Oferta de emprego ao SEPG e ó Colexio de Traballadores/as Sociais outorgando un prazo de 10 días hábiles dende o día seguinte á publicación desta proposta, sendo as bases as mesmas que se aprobaron na Xunta de Goberno Local, en sesión de data 25/03/2024: BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO POR ACUMULACIÓN DE TAREFAS DO POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL MUNICIPAL.
4.- Prestar aprobación á realización dunha oferta ó SEPG e ó Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais e publicar este anuncio na páxina web para abrir o novo prazo.
Polo que se solicita que tramite oferta de emprego no SEPG e no Colexio de Traballo Social de Galicia para a súa máxima difusión, concedendo un prazo de 10 días hábiles a contar dende a publicación deste anuncio na páxina web do concello.