Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O empresariado local e a UNED estudarán vías de colaboración |
Monforte celebrou no día de onte, con diversos actos, a apertura do curso universitario na UNED. Entre as 10:00 e as 14:00 h. desenvolveuse unha Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer as novas instalacións e a oferta educativa da universidade a toda a cidadanía.
|
18/10/2012 | Noticias histórico |
Unha conferencia de Edgar Fernández Cloos pecha os actos de apertura do curso na UNED de Monforte |
Os actos de apertura do curso na UNED de Monforte tiveron o seu colofón coa conferencia inaugural do maxistrado monfortino Edgar Fernández Cloos, presidente da sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, quen disertou sobre a Lei de Axuizamento Criminal baixo o título “Cara a unha nova xustiza penal”.
|
18/10/2012 | Noticias histórico |
Monforte conta con sete Axentes de Protección á Cidadanía |
O Alcalde, Severino Rodríguez, e a concelleira de Réxime Interno e Seguridade, Mª Xosé Vega, presentaron o novo “Servizo de Protección á Cidadanía”, integrado polos sete traballadores do extinto parque municipal de bombeiros.
|
20/10/2012 | Noticias histórico |
O Concello subvencionará con 19.000 euros libros, material e transporte escolar |
A concelleira de Facenda deu a coñecer diferentes liñas de axudas postas en marcha polo Concello e que, na súa maior parte, xa teñen aberto o prazo de solicitude. Dúas destas liñas afectan ó eido educativo, as referidas ás becas para material escolar e para transporte.
|
25/10/2012 | Noticias histórico |
Aberto o prazo para solicitar subvencións para asociacións e festas |
A concelleira de Facenda comunicou que o prazo de solicitude de subvencións municipais destinadas a un amplo abano de asociacións e ás festas dos barrios e parroquias estará aberto ata o dia 13 de novembro.
|
25/10/2012 | Noticias histórico |
O Concello edita un Boletín de Emprego con carácter semanal |
O concello de Monforte, a través do Servizo de Información e Orientación Laboral, edita semanalmente un Boletín de Emprego no que se recollen as ofertas de traballo existentes na comarca, no resto da provincia de Lugo e na veciña provincia de Ourense. Neste Boletín tamén teñen cabida as ofertas laborais que se publican nos diferentes xornais.
|
28/10/2012 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario 29 de Outubro de 2012 |
ORDE DO DIA: 1.- Aprobación actas do Pleno da Corporación de datas 22 e 28 de Setembro de 2012. 2.- Dar conta de Decretos da Alcaldía (da número 474 de 25/09/2012 á número 519 de 19/10/2012) 3.- Declaración de crédito non dispoñible. 4.- Proposta do PSOE sobre a desgravación do IVE para o material escolar. 5.- Moción do PP sobre execución de obras de reparación accesos a Santo Domingo. |
29/10/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Pleno Extraordinario 6 de Novembro de 2012 |
ORDE DO DÍA: PUNTO ÚNICO.- MODIFICACIÓN ORDENANZAS FISCAIS EXERCICIO 2013 |
06/11/2012 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
España e Portugal acadan en Monforte un compromiso para a modernización da liña Vigo-Oporto |
Monforte foi sede do Cumio do Eixo Atlántico onde se acadou un histórico acordo para a modernización da liña ferroviaria do Miño.
Tanto o presidente do Eixo Atlántico, José Maria Costa, como o conselleiro de Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández, tildaron de “excelente resultado e magníficas noticias” os acordos do Cumio celebrado na nosa cidadel.
|
09/11/2012 | Noticias histórico |
A primeira fase do porto seco estará rematada en tres meses |
Na rolda de prensa posterior ó Cumio do Eixo Atlántico celebrado onte en Monforte, e a preguntas dos xornalistas locais, o conselleiro de Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández, anunciou que a primeira fase das obras da plataforma loxística rematará en dous ou tres meses.
|
09/11/2012 | Noticias histórico |