Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
O alcalde leva ó Pleno dúas propostas de interese social

O alcalde levará á próxima sesión plenaria, que se celebrará o vindeiro luns día 30 de xaneiro, dúas propostas cun amplo carácter social e que responden ás demandas plantexads por dous colectivos cidadáns

 

26/01/2012 Noticias histórico
O Concello aportará 20.000 euros a Cáritas para axudar ós máis desfavorecidos

Severino Rodríguez e Pilar López reuníronse con integrantes de Cáritas para coñecer as necesidades deste colectivo no labor que desenvolven coas persoas máis desfavorecidas da sociedade monfortina, e para explicarlles as propostas do Concello destinadas a incrementar a súa colaboración con eles.

 

27/01/2012 Noticias histórico
O goberno municipal simplificará os trámites para a apertura de novas empresas e negocios

O goberno monfortino traballa na redacción dunha ordenanza reguladora da apertura de establecementos para o exercicio de actividades non sometidas a avaliación da incidencia ambiental, ordenanza que debaterá a Corporación Municipal na sesión plenaria do vindeiro mes de febreiro.

 

28/01/2012 Noticias histórico
Pleno Ordinario 30 de Xaneiro de 2012

ORDE DO DÍA 1.- Aprobación do acta do Pleno de 26 de Decembro de 2011 2.- Dación de conta decretos da Alcaldía 3.- Proposta do PSOE sobre resíduos caninos 4.- Proposta da Alcaldía sobre a creación dun centro de continuidade persoas discapacitadas e sen autonomía persoal 5.- Proposta da Alcaldía sobre o servizo galego de apoio á mobilidade persoal 6.- Proposta do PSOE sobre modificación puntual

30/01/2012 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Reunión a prol dun entroido responsable

A concelleira de educación, Pilar López, convocou ós directores e directoras dos centros de ensino da cidade a unha reunión que se celebrará mañá mércores ás 16:30 h. A finalidade da xuntanza é falar cos responsables dos centros educativos sobre a celebración do entroido e sensibilizar ós mozos e mozas para facer do entroido unha manifestación festiva de solidariedade.

 

31/01/2012 Noticias histórico
Un paso máis na promoción do emprego e do fomento empresarial

O goberno municipal de Monforte, na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro xoves, dará o visto e prace a solicitude da subvención para a contratación dun/dunha orientador/a laboral, en base á orde da Consellería de Traballo e Benestar do 30 de decembro de 2011, publicada no DOG o 11/01/2012.

 

31/01/2012 Noticias histórico
A concienciación será o eixo para evitar o lanzamento de alimentos no entroido

A concelleira de educación, Pilar López, reuniuse con representantes da práctica totalidade dos centros de ensino da cidade para falar dun aspecto negativo que nos derradeiros anos está presente na celebración do entroido monfortino

 

01/02/2012 Noticias histórico
O Concello urbaniza a rúa Miguel de Cervantes

A brigada de obras do concello de Monforte traballa dende comezos do pasado mes de xaneiro na urbanización da rúa Miguel de Cervantes, unha actuación que se prolongará ata o próximo mes de marzo.

 

Trátase dun espazo degradado que a concellería de obras, dirixida por Xosé Manuel Pavón, está rexenerando con medios municipais.

 

02/02/2012 Noticias histórico
Monforte tén 125 veciños/as en risco de perder dereitos cidadáns

O Instituto Nacional de Estatística (INE) requiriu ó concello de Monforte para que a entidade municipal comunicara a un total de 425 veciños/as que pasaran polo Concello para presentar o seu DNI, xa que non constaban na base de datos que manexa este organismo estatal.

 

02/02/2012 Noticias histórico
O Concello solicitará tres cursos para desempregados/as

O Concello solicitará á Consellería de Traballo e Benestar  a realización de tres cursos AFD (antigo Plan FIP) dirixidos á formación de desempregados/as.

 

Os cursos que solicitará o Concello de Monforte son os de:

 

08/02/2012 Noticias histórico