XXIX CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO PARA CENTROS DE ENSINO DE MONFORTE

A Delegación de Cultura do Concello de Monforte convoca a celebración do XXIX Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte 2020.

O Certame terá lugar do 11 ó 28 de maio de 2020 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:00 h.

Poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro, así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente petición e da aceptación por parte da Delegación Municipal de Cultura.

As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O derradeiro día para realizar a inscrición é o 30 de marzo.

Todos os participantes no Certame pertencerán obrigatoriamente ó centro ó que representan. As datas da posta en escena das obras, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión o 30 de marzo no Concello de Monforte de Lemos, ás 12:00 h.

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consisten na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

As obras que representen os centros de ensino terán unha duración mínima de media hora e deberán ser estreadas no certame. A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 1 de xuño ás 18:00 h.

 Bases XXIX Certame de Teatro 2020