Horarios de recollida mediante cubeo

HORARIOS DE RECOLLIDA, MEDIANTE CUBEO (CUBO MARRÓN) DA MATERIA ORGÁNICA DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

-Horario de inicio de colocación do cubo marrón: de 18:45 a 21:30 h.

-Horario para depositar a materia orgánica no cubo marrón, unha vez colocado: De 18:45 a 23:00 h.

-Horario de inicio de retirada do cubo marrón da rúa: dende 23:00 h.

 

Zonas e días de ubicación do cubo marrón:

ZONA 1: A recollida farase luns, mércores e venres, segundo os horarios indicados.

-A Zona 1 engloba as rúas Chantada, Veguiña, Ourense, Covas, Av. de Galicia, Francisco Moure, Celso Emilio Ferreiro, Sarria, Reboredo, Duquesa, Carude, Compañía e Roberto Baamonde.

 

ZONA 2: A recollida será martes, xoves e sábado, segundo os horarios indicados.

-A Zona 2 abarca o Casco Histórico, Campo de San Antonio, Barrios do Hospital e da Estación, Valle Inclán, Eduardo Pondal, Malvarón, Benito Vicetto, Estrela e Muiños de Antero.