OMIX
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL. OMIX
O obxectivo principal da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Monforte de Lemos é informar e asesorar @s moz@s en materias do seu interese. A oficina ademais programa e organiza actividades, cursos, conferencias .... Unha mocidade ben informada e ben organizada fai desta unha sociedade máis xusta e avanzada.
Facilítase información sobre:
- Temas Educativos (bolsas de estudo, cursos, matrículas, centros de ensino, información de diferentes carreiras e profesións ....).
- Axudas e Subvencións.
- Premios e Concursos.
- Traballo (emprego público e persoal, bolsas de traballo, oposicións ....)
- Tempo libre (campamentos de verán, campos de traballo, viaxes, deportes, ....).
- Temas Internacionais (programas europeos, intercambios....).
- Temas Culturais (exposicións, teatro, música, cine, concertos, charlas, congresos ....)
- Temas Sociais e de Saúde (racismo, sexualidade, bulimia, anorexia, drogas.....)
- Voluntariado e Cooperación.
- Calquera outro tema que interese ou afecte @s moz@s que acoden á Oficina.
- Ademais facilítanse libros de consultas, guías xerais de albergues, hoteis, campings, ....
Na oficina pódense tramitar os seguintes carnés:
Carné Xove
Carné de alberguista
Carné de estudante internacional (STUDENT - ISIC) O Carné de Estudante Internacional (ISIC) é o pasaporte perfecto para obter servizos e descontos en todo o mundo. O ISIC é o único carné de estudante recoñecido internacionalmente e @s seus posuidor@s son membros dun clube global. Cada ano máis de 4.5 millóns de estudantes de 120 países utilizan o seu carné de estudante para aproveitar ofertas de viaxes, compras ou visitar museos ao redor de todo o mundo.
Carné de profesor internacional (TEACHER - ITIC)
Carné internacional para non estudantes (IYTC)
Carné (Bono) universitario
Podes complementar esta información acudindo a vernos e/ou a través da web da Xunta de Galicia Accede á web