Artelemos

Artelemos

Artelemos

O Concello de Monforte recuperou no 2015, logo de tres anos sen realizarse, a celebración da feira de artesanía local Artelemos. Artelemos ten como obxectivo principal dinamizar a artesanía local e dar ambiente á cidade. Durante os días de celebración, multitude de visitantes achéganse a ver os stands e gozar das demostracións e talleres. Ademais de exaltar a artesanía local, cada ano acoden artesáns de fóra que aportan novos produtos e novos modos de facer, o que contribúe a seguir consolidando esta cita tan importante para Monforte de Lemos.

A mostra de artesanía celébrase durante 6 días na Rúa do Cardenal en horario de mañá e de tarde. A través desta sección estarán puntualmente informados. Para máis información poden contactar coa axente de desenvolvemento local no teléfono 982 88 47 75 ou ben emprego_pe@concellodemonforte.com.

Este 2023, Artelemos acada a súa XXIII edición. Unha das novidades máis salientables é a duración do evento que pasa de 5 a 6 días. Os postos atoparanse na rúa Cardenal e terán horario de 10.00 a 14.00 h. e de 18.00 a 22.00 h.

Stands individuais

Cada un dos artesáns terá o seu propio stand con tarima, iluminación e rotulación promocional propia. Cómpre destacar que durante a noite haberá vixilancia ata a hora de apertura. Co obxectivo de darlle un carácter máis dinámico á mostra, haberá pasillos entre as jaimas agrupadas cada 3-4 artesáns. Neses espazos vanse colocar unhas sombrillas triangulares para facilitar o tránsito peonil ó longo da rúa Cardenal.

 

Documentos de interese para descarga:

Admitidos Artelemos 2023

BASES 2023

Solicitude Artelemos 2023