Mañá mércores 28 terá lugar unha actividade relacionada coa observación astronómica nocturna en Monforte.
Da man do programa astronómico “O Camiño das Estrelas. As Estrelas do Camiño”, científicos do Observatorio astronómico Ramón María Aller da Univsrsidade de Santiago de Compostela, explicarán ós asistentes o ceo nocturno que se pode ver dende Monforte. E, a través de diversos telescopios, poderán observarse a Lúa, os diferentes planetas do Sistema Solar. así coma constelacións e estrelas.
A cita coa astronomía será na praza da Compañía dende as 10 da noite.
Organizan e patrocinan, Xunta de Galicia, USC, Observatorio astronómico Ramón María Aller e Concello de Monforte de Lemos