Concurso de Beléns para centros de ensino de Monforte de Lemos Nadal 2018-2019

  1. A Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, convoca un CONCURSO DE BELÉNS PARA CENTROS DE ENSINO DE MONFORTE.

      2.Poderán participar todos os centros de ensino monfortinos que o desexen, soamente se permitirá a presentación dun belén por centro.

      3.Valorarase a orixinalidade, o traballo e a presentación artística.

     4.As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, sendo o derradeiro día o 14 de decembro ás 14:00 h. Todas aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo serán desestimadas calquera que sexa a causa do seu atraso.

     5.O XURADO cualificador do concurso visitará os centros participantes o 17 de decembro e a súa decisión será inapelable. Os premios faranse públicos o 17 de decembro nos medios de comunicación.

O xurado estará composto por:

PRESIDENTE: A Delegada de Cultura ou persoa á que designe.Belén

VOCAIS: Persoas relacionadas coa cultura local.

SECRETARIO: O técnico de Cultura do Concello de Monforte, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso.

O xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas cualificacións, sendo os criterios a valorar os seguintes: a montaxe, a elaboración, os materiais utilizados, a orixinalidade o interese etnográfico e calidade do belén.

    6.A participación neste concurso supón a total aceptación das bases e a súa interpretación correspóndelle exclusivamente ó Xurado, sendo a súa decisión inapelable.

    7.PREMIOS

Haberá un primeiro, un segundo, un terceiro premio e un accésit.                                                                                                                                                               Foto: J.R. Casan

Se o xurado o considera oportuno poderá conceder dous primeiros, dous segundos, dous terceiros premios ou tres accésits.

Os premios serán indivisíbeis e poderá quedar deserto algún deles, segundo a decisión do xurado do concurso. 

1º premio de 100 euros  

2º premiode 80 euros  

3º premio de 50 euros  

Accésit de 30 euros

Os aboamentos dos premios serán tramitados na forma indicada pola Tesourería do Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria.