REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS-MONFORTE DE LEMOS programación primeiro semestre 2020

 

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2020.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a seis representacións de compañías profesionais, unha para os máis pequenos e cinco para o público adulto. A obra infantil poñerase en escena o venres 10 de xaneiro mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.

A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

 

Programación Adultos:

  • ENTRE SOÑOS de FRAN SIEIRA Compañía de danza/xoves 23 de xaneiro
  • CRÓNICAS DO PARADISO de SARABELA TEATRO /xoves 6 de febreiro
  • 1879 CASA DE BONECAS de ESTUDO MOMENTO /xoves 5 de marzo
  • A COMPAÑÉIRA DE PISO da compañía CONTRAPRODUCIÓNS /xoves 26 de marzo
  • A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI da compañía TEATRO DO ATLÁNTICO /xoves 23 de abril

Programación infantil:

  • LAMBETADAS da compañía TALÍA TEATRO venres 10 de xaneiro

 

As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos, a infantil de entrada gratuita ás 19:00 h e as de adulto ás 20:15 h, o prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.