CONCERTO CORO DO HOSPITAL DE LUGO /Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, 2 de novembro ás 20:00 h

 

O vindeiro sábado 2 de novembro ás 20:00 h o CORO DO HOSPITAL DE LUGO realizará un concerto na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, actividade que conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos e tamén coa colaboración económica da Deputación de Lugo.

A actividade denominada "O cantar da nosa lingua" baixo o guión de Adela Figueroa Panisse é de entrada gratuita.

Programa:

Ondas do mar de Vigo -Martin Codax. Cantigas de amigo. S. XIII/XIV

Ai, flores do verde pino -Don Denís. Cantigas de amigo. (1261 – 1325) – Miguel Carneiro (n.1933)

Quen puidera namorala -L.E. Batallán (1948) – Álvaro Cunqueiro (1911 – 1981)

Foliada de Nadela -Fuxan os ventos – Arr. Fernando G. Jácome

Alalá de Muxía -Tradicional

Terra meiga -Rey Rivero (1919 – 2012)

Negra sombra -Xoán Montes (1840 – 1899) – Rosalía de Castro (1837 – 1885)

San Campio -Xosé Torres Creo (1939) – Manuel Lago González (1865 – 1925)

Canción do temporal -Juan López López – Lois Amado Carballo (1901 – 1927)

María Soliña -A..Paz Valverde (1937 - )– Celso Emilio Ferreiro (1912 – 1979)