TEATRO no Edificio Multiusos, TEATRO MARIONETAS TRÉCOLA con O AGASALLO DE ANYA

cartel O agasallo de Anya

 

O salón de actos do Edificio Multiusos acollerá o mércores 26 de decembro a partir das 18:00 horas unha representación teatral para todos os públicos, a partir dos cinco anos, con entrada libre e gratuita. Representación que poñerá en escena a compañía Teatro Marionetas TRÉCOLA. O espectáculo  leva por título “O AGASALLO DE ANYA”.

Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil km, e unidas por todo o demáis: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade.. Xiana sufrirá unha transformación a partires de coñecer a historia de nenas e nenos doutros lugares do mundo, como Anya, isto provocará un intercambio entre as dúas protagonistas que cambiará para sempre as súas vidas. Nesta obra, Xiana e Anya descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse, achegándonos dende un mundo de ilusión a realidades nas que tod@s temos algo que decir. Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala representada con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio. Esta obra teatral está incluida no programa PROSCENIO, da Deputación de Lugo.