O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do martes, 24 de decembro.
Monforte de Lemos terá o vindeiro martes 24 de decembro pola mañá, polas rúas da cidade e na zona de mercados da praza de Abastos, a visita do APALPADOR. O Apalpador, o mítico personaxe da tradición popular galega, nado no Courel, ligado ás festas do Nadal, grandullón, bo, de mirada doce e longas barbas coloradas, que durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, da caza de xabaríns, que recolle mel e fai aparecer coas ramas dos bosques os xoguetes que as madeiras esconden, percorrerá co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas as rúas da nosa cidade de Monforte a mañá do 24 de decembro.