XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos: “A UNIÓN FAI A TERRA” do CEIP MONFORTE, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello o xoves 25 de abril ás 20:00 h.
A primeira das representacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos terá lugar o xoves 25 de abril a partir das 20:00h no salón de actos da Casa da Cultura. Nesta ocasión alumnos e alumnas da aula de teatro do CEIP Monforte, representarán a obra "A unión fai a terra", peza dirixida, coordinada e adaptada por Paqui Abeledo, a partir do texto do mesmo título de Macu Sanz.