TEATRO NA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS /XOVES 5 DE MARZO DE 2020

 

O xoves 5 de marzo ás 20:15 h e no Edificio Multiusos terá lugar a terceira cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios no último trimestre de 2020 en Monforte de Lemos.

A compañía ESTUDO MOMENTO presenta 1879 CASA DE BONECAS obra escrita por Henrik Ibsen, adaptada por Xoán Carlos Mejuto e dirixida por Estudo Momento.

1879 Casa de Bonecas é unha adaptación do texto clásico que o dramaturgo Henrik Ibsen estreara con grande escándalo a finais do século XIX. Predecesora dos grandes movementos feministas, ensalza a figura de Nora Helmer, esposa e nai perfecta, que rachará dun famoso "golpe de porta" con todas as ataduras do sistema patricarcal.

Esta versión centrada no matrimonio e protagonizada polos actores Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, convida ao espectador a recoñecerse na intimidade dunha relación desigual, entre homes e mulleres, como se o estivese a ver todo através dunha ventana indiscreta...

A montaxe acadou o I Premio Luísa Villalta pola Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.