Concertos, exposicións, cine e outras actividades lúdicas forman parte do programa Verán Cultural do Concello de Monforte

O Concello de Monforte preparou unha ampla programación cultural, lúdica e festiva dende principios de xullo e ata finais de setembro. O Alcalde, José Tomé, destaca que “o noso obxectivo é ofrecer actividades moi variadas, para así darlle satisfacción a tódolos públicos; tamén queremos encher de actividades esta época do ano, na que recibimos un maior número de visitantes”.

Grazas a este programa, desde o Concello axúdase a estimular a actividade económica local, posto que todas estas actividades van contribuír a que cada vez se acheguen a Monforte máis turistas.

Destacar tamén que á hora de deseñar esta programación tamén se contou dende o Concello coa participación de varios artistas monfortinos, para que así, poidan expresar a súa creatividade artística diante dos seus veciños e tamén para disfrutar conxuntamente, do verán cultural.

Entre as actividades programadas destacar as programadas dentro do ciclo “Cultura no Camiño 2019”: a Gala de Maxia do Mago Lamas e 4 magos máis, do 8 de agosto, e o concerto Swing Sentido do venres 9 de agosto. E tamén aquelas nas que colabora a Deputación de Lugo: os concertos de Doc Magoos (10 de agosto), Garufa Blue Devils Big Band+Sito Sedes (11 de agosto), Os Parentes (12 de agosto) e os concertos de David Prado e Sr. Jingles (24 de agosto).

 

PROGRAMA VERÁN CULTURAL 2019 DE MONFORTE DE LEMOS

 Programa Verán cultural concello Monforte 2019

PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE

Ata setembro é posible alugar barcas de paseo no embarcadoiro do parque dos Condes.

 

Xoves 15 de agosto, ás 22:30 horas

BARCAS ENGALANADAS

Recuperación das Barcas Engalanadas e Iluminadas, tradición de mediados do século XX

Organiza: Concello de Monforte de Lemos e Club de Piragüismo Quixós

 

Do 5 ó 7 de xullo

FESTIVAL DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA DE MONFORTE DE LEMOS

Paseo do Malecón, 25 adegas da DO Ribeira Sacra, gastronomía. Concertos na Praza de España

 

Do 18 ó 21 de xullo         

FESTIVAL 17º RIBEIRA SACRA 

Organiza: i-radia

Colabora: Concello de Monforte de Lemos, Deputación de Lugo, AGADIC, Xunta de Galicia, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

 

Do 25 ó 28 de xullo         

VI FANCINE DE LEMOS. Festival de cine fantástico e de terror de Monforte

Organiza: Amanita estudio

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 25 de xullo ó 3 de agosto

TIROLINA, ROCÓDROMO E CIRCUITO DE OBSTÁCULOS

Praza da Compañía

Organiza: Comercial Urbano de Monforte

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 3 ó 7 de agosto          

XXI MOSTRA DE ARTESANÍA ARTELEMOS

Rúa do Cardeal

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Do 5 ó 23 de agosto        

Exposición de Carteis do XXIII CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS -2019

Sala de exposicións da Casa da Cultura

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Xoves, 8 de agosto

GALA DE MAXIA-CULTURA NO CAMIÑO 2019: Actuación Do MAGO LAMAS + 4 magos

Praza de España, ás 22:30 horas

Organiza e Patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).

Venres, 9 de agosto        

FESTIVAL CARUDE ROCK

Praza de Carude ás 20:30 horas

Organiza: Festival Carude Rock

Colabora: Concello de Monforte de Lemos 

 

Venres, 9 de agosto        

CONCERTO DE SWING SENTIDO (CULTURA NO CAMIÑO 2019)

Praza de España, ás 22:30 horas

Organiza e Patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).

 

Sábado, 10 de agosto

CONCERTO DO GRUPO MONFORTINO DOC MAGOOS

Praza de España ás 23:00 horas

Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo

 

Do 11 ó 16 de agosto      

FESTAS PATRONAIS DE MONFORTE DE LEMOS

Organiza:  Concello de Monforte de Lemos

 

Domingo, 11 de agosto   

CONCERTO de GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND + SITO SEDES

Praza de España ás 23:00 horas

Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo

 

Luns, 12 de agosto          

CONCERTO de OS PARENTES

Praza de España ás 23:00 horas

Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo

 

Martes, 13 de agosto      

CONCERTO da BANDA DE MÚSICA CONCELLO DE MONFORTE

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Mércores, 14 de agosto  

CONCERTO da BANDA DE MÚSICA DE CHANTADA

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

17 e 18 de agosto           

FEIRA DE OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU

Praza de Abastos -Mercados

Organiza:  Concello de Monforte e Centro Comercial Urbano de Monforte

 

Domingo, 18 de agosto     

FESTA DA EMPANADA, Festa gastronómica popular

Área de recreo de Ribas Altas

Organiza: Asociación de Veciños de Ribas Altas

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Domingo, 18 de agosto 

Concerto de OS XOGRARES DE LEMOS

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

Do 19 ó 23 de agosto      

VII OBRADOIRO DE VERÁN DE MÚSICA E BAILE CONCELLO DE MONFORTE 

Edificio Multiusos

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Venres, 23 de agosto      

CINE NA RÚA, coa proxección da película “CAMPEONES

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos 

 

Sábado, 24 de agosto

Concertos de DAVID PRADO e SR. JINGLES

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo

 

Domingo, 25 de agosto   

CONCERTO da BANDA DE MÚSICA DE SOBER, CICLO Musiqueando pola provincia de Lugo

Praza de España ás 22:30 horas

Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Deputación Provincial de Lugo

 

Do 28 ó 31 de agosto      

XXII  FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE

Rúa do Cardenal

Organiza: Concello de Monforte e Federación de Libreiros de Galicia 

 

Sábado, 31 de agosto       

XX  FESTIVAL DE HABANERAS CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

-Coral Capilla de la Torre- Villaviciosa (Asturias)

-Coral Polifónica de Bueu

-Coral Polifónica do Concello de Monforte

Actuación na Praza de España ás 21:00 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Domingo, 1 de setembro

XX XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA

Visitas guiadas á zona de ámbito xudeu de Monforte

11.30 e 18:00 h.- Saídas dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio, 6)

Organiza e patrocinan: Concello de Monforte de Lemos e Red de Juderías de España/ Caminos de Sefarad

 

Do 4 ó 27 de setembro

Exposición Itinerante “ESGRAFIADOS EN LA RIBEIRA SACRA” de MAR LÓPEZ SOTELO

Sala de Exposicións da Casa da Cultura

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Sábado, 7 de setembro   

VIII  FESTIVAL DO PARADISO   

Parque dos Condes, dende as 20 horas

Organiza: Asociación Náufragos do Paradiso 

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

Sábado, 14 de setembro  

NOITE TEMÁTICA DE VERÁN

Noite temática dedicada ó mundo da moda. Apertura de establecementos comerciais asociados ó CCU, con grandes descontos.

Horario especial ata a 1:30 horas do domingo 15 de setembro.

Organiza: Centro Comercial Urbano

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Sábado, 21 de setembro

FESTA DE SAN MATEO, Festa popular, Parroquia de A Parte

Organiza: Comisión de festas da parroquia A Parte

Colabora: Concello de Monforte de Lemos