Información

 

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio e previr a desigualdade. Segundo definición do artigo 2 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia enténdese por servizos sociais o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan acadar os obxectivos expresados na devandita lei. xente

O equipo de traballo do Concello de Monforte de Lemos está integrado por:
4 traballadoras Sociais, unha delas, coordinadora do servizo
1 psicóloga e coordinadora do Servizo de educación e apoio familiar
1 educadora social 
1 auxiliar administrativa

Son programas básicos dos servizos sociais comunitarios os seguintes:
Información, orientación e asesoramento.
Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.

Programa de axuda no fogar.
Programa de inserción social.
Programa de animación, prevención e cooperación social.
Programa de convivencia alternativa.

Máis información aquí