6 de xullo de 2018. A Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou hoxe Monforte. O Alcalde recibiuna na Casa Consistorial e no acto estiveron tamén membros do Equipo de Goberno.
Durante o encontro, a Subdelegada manifestou que a seguridade cidadá e a violencia de xénero serán as súas principais liñas de traballo.
Isabel Rodríguez destacou tamén a súa vontade de colaborar estreitamente con tódolos concellos da provincia.