Concertos, exposicións, cine e outras actividades lúdicas forman parte do programa Verán Cultural do Concello de Monforte
Monforte de Lemos, 17 de xullo de 2018. O Concello de Monforte preparou unha ampla programación cultural, lúdica e festiva dende agora e ata comezos de outubro. O Alcalde, José Tomé, destaca que “o noso obxectivo é ofrecer actividades moi variadas, para así darlle satisfacción a tódolos públicos; tamén queremos encher de actividades esta época do ano, na que recibimos un maior número de visitantes”.
O mandatario local destaca que “grazas a este programa, axudamos a estimular a actividade económica local, posto que todas estas actividades van contribuír a que cada vez se acheguen a Monforte máis turistas”.
Por outra parte, o rexedor fai fincapé en que “á hora de deseñar esta programación tamén contamos coa participación de varios artistas monfortinos, para que así, poidan expresar a súa creatividade artística diante dos seus veciños e tamén para disfrutar conxuntamente, do verán cultural”.
VERÁN CULTURAL 2018
Paseos en barca polo Río Cabe
Ata setembro é posible alugar barcas de paseo no embarcadoiro do parque dos Condes.
Barcas Engalanadas
15 de agosto, ás 22:30 horas
Recuperación das Barcas Engalanadas e Iluminadas, tradición de mediados do século XX
Organiza: Concello de Monforte de Lemos e Club de Piragüismo Quixós
Exposición de Fotografía PAISAJES de JESÚS R. MONTERO
Ata o 20 de xullo
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Do 26 ó 29 de xullo
V FANCINE DE LEMOS. Festival de cine fantástico e de terror de Monforte
Organiza: Amanita Studio
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Do 27 ó 29 de xullo
FESTIVAL 17º RIBEIRA SACRA
sábado 28, concerto de:
WOODS, PUERTO CANDELARIA, FREEDONIA,FUCKAINEe COQUE MALLA
No exterior do Parador de Monforte de Lemos, ás 20 horas
Organiza: i-radia
Colabora: Concello de Monforte de Lemos, Deputación de Lugo, AGADIC, Xunta de Galicia, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra
Do 2 ó 8 de agosto
Exposición do xornal El Progreso:SOMOS LUGO AL 110%
Diante das Casitas da Compañía
Organiza: El Progreso
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Do 3 ó 8 de agosto
XX MOSTRA ARTELEMOS
Rúa do Cardeal
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Do 9 ó 28 de agosto
Exposición de Carteis do XXII CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS -2018
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Mércores, 8 de agosto
Actuación dun dúo musical e do Escobar monfortino, VARELA
Praza de España, ás 22:30 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Xoves, 9 de agosto
MAGO LAMAS – GALA DE MAXIA, CULTURA NO CAMIÑO 2018
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC, da Consellería de Cultura
Venres, 10 de agosto
Concerto do CORO ENCAIXE, CULTURA NO CAMIÑO 2018
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC, da Consellería de Cultura
Sábado, 11 de agosto
NOITE TEMÁTICA de VERÁN, dedicada ó mundo da moda.
Apertura de establecementos comerciais asociados ó CCU, con grandes descontos, de 21 horas 1:30 horas, do domingo 12 de agosto.
Organiza: Centro Comercial Urbano
colabora: Concello de Monforte de Lemos
Do 11 ó 16 de agosto
FESTAS PATRONAIS
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Sábado, 18 de agosto
Concerto do grupo monfortino THE POET´S SILENCE
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
18 e 19 de agosto
FEIRA DE OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU
Praza de Abastos -mercados
Organiza: Concello de Monforte eCentro Comercial Urbano
Domingo, 19 de agosto
Concerto OS XOGRARES DE LEMOS
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
domingo 19 de agosto
FESTA DA EMPANADA
Área de recreo de Ribas Altas
Organiza:Asociación de Veciños de Ribas Altas
colabora: Concello de Monforte de Lemos
do 20 ó 24 de agosto
VI OBRADOIRO DE VERÁN DE MÚSICA E BAILE CONCELLO DE MONFORTE
Edificio Multiusos
Organiza:Concello de Monforte de Lemos
Martes 21 de agosto
Actuación de CANTIGAS E AGARIMOS
PROGRAMA DANZA 3
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e AGADIC, da Consellería de Cultura
do 22 ó 25 de agosto
XXI FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE
Rúa do Cardenal
Organiza: Concello de Monforte e Federación de Libreiros de Galicia
Do 24 ó 26 de agosto
FEIRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA-ÁGORA VERDE
Praza das Casitas da Compañía
Organiza: Concello de Monforte de Lemos e Consello Agricultura Ecolóxica de Galicia
sábado 25 agosto
Concerto BANDA DE MÚSICA DE LUGO, MUSIQUEANDO POLA PROVINCIA DE LUGO
Praza de España ás 22:30 horas
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Deputación de Lugo –Área Turismo e Cultura
Venres, 31 de agosto
Concerto de ROI CASAL -Son Galego, Son Cubano
Praza da Compañía ás 22:30 horas
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Deputación de Lugo –Área Turismo e Cultura
Sábado, 1 de setembro
XIX FESTIVAL DE HABANERAS CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
-AGRUPACIÓN CORAL SAN ANTONIO de GIJÓN
-CORAL CITE de SAN CIBRAO -Lugo
-CORAL POLIFÓNICA do CONCELLO de MONFORTE
Actuación na Praza de España ás 20 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Sábado, 1 de setembro
VII FESTIVAL DO PARADISO
Parque dos Condes, dende as 20 horas
Organiza: Asociación Náufragos do Paradiso
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Domingo, 2 de setembro
XIX XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA
VISITAS GUIADAS Á ZONA DE ÁMBITO XUDEU DE MONFORTE
11:30 e 18 horas – Saídas dende a Oficina Municipal de Turismo
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Red de Juderías de España / Caminos de Sefarad
3 ó 17 de setembro
Exposición Fotográfica: OFICIOS E FERRAMENTAS II de PERUCHELA
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
19 de setembro ó 5 de outubro
Exposición: CRÓNICA DE MAIO –PARÍS 1968, de JESÚS DÍAZ FERRER
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Venres, 21 de setembro
FESTA DE SAN MATEO
Organiza: Comisión de festas da parroquia A Parte
colabora: Concello de Monforte de Lemos