Publicado 28 de Agosto de 2018
Venres, 31 de agosto
Concerto de ROI CASAL -Son Galego, Son Cubano
Praza da Compañía ás 22:30 horas
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Deputación de Lugo –Área Turismo e Cultura
Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego, integrante da banda galega Milladoiro entre o 2000 e o 2009. É precisamente no 2009 cando inicia a súa carreira en solitario. O espectáculo que trae a Monforte Son galego, Son cubano estréase no Gran Teatro de La Habana no 2016, trátase dun proxecto por encargo do Instituto Cubano de la Música para poñer en valor os lazos de unión entre as dúas culturas.