27 de xullo de 2018. A XX mostra de artesanía Artelemos 2018 vaise celebrar en Monforte do 3 ó 7 de agosto na rúa Cardenal, o evento servirá de antesala ás Festas Patronais. Desta volta haberá un total de 27 casetas; son cinco máis das que había o pasado ano. Ademais dos postos de exposición e venda de produtos artesanais, haberá unha caseta adicada á celebración de obradoiros.
Cómpre destacar que case a metade dos artesáns que participan na mostra son da comarca de Lemos, en concreto, serán 12, “hai moitos anos que non se rexistraba unha participación tan alta dos nosos creadores locais”, sinalou o Alcalde, José Tomé.
O rexedor adiantou que “o público que se achegue poderá adquirir produtos moi variados e de diferentes disciplinas artísticas. Haberá orfebrería, cestería, coiro, lá, olería de Gundivós e cerámica. Outro dos atractivos de Artelemos é que vai ser posible ver en vivo a elaboración das pezas que os propios artesáns realizarán”. Por outra parte, o mandatario local destacou que os máis pequenos da casa van poder participar en diferentes obradoiros.
Os postos abrirán de 11 a 14 horas e tamén en quenda de tarde, de 18 a 23 horas.
Stands individuais
Cada un dos artesáns terá o seu propio stand con tarima, iluminación e rotulación promocional propia. Cómpre destacar que durante a noite haberá vixilancia ata a hora de apertura. Co obxectivo de darlle un carácter máis dinámico á mostra, haberá pasillos entre as jaimas agrupadas cada 3-4 artesáns. Neses espazos vanse colocar unhas sombrillas triangulares para facilitar o tránsito peonil ó longo da rúa Cardenal.
O Alcalde destacou tamén que “a vontade do Concello é apostar polo aproveitamento dos recursos do noso territorio, neste caso os nosos artesáns que, coa sua labor do feito a man, enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido á nosa cultura e tradición dentro da promoción turística da Ribeira Sacra”.
Programación 20ª Mostra Artelemos 2018
VENRES, 3 DE AGOSTO
11 horas. Apertura de Stands de venda
12 a 14. Demostración Olería de Gundivós. Artesán ElÍas González Prieto
12:30 horas. Inauguración da 20ª Mostra Artelemos
18 horas. Apertura de stands de venda
19 a 21 horas. Demostración Olería de Gundivós. Artesán Elias González Prieto
SÁBADO, 4 DE AGOSTO
11. Apertura de Stands de venda
11:30 a 13:30 Obradoiro de barro para nenos/as. Artesá Amparo Scrich
18 horas. Apertura de Stands de venda
18:30 a 20:30. Obradoiro de barro para nenos/as. Artesá Amparo Scrich
DOMINGO, 5 DE AGOSTO
11 horas. Apertura de stands de venda
11:00 a 14:00. Xuntanza de Palilleiras e exposición de encaixes na rúa Cardenal
18:00. Apertura de Stands de venda
LUNS, 6 DE AGOSTO
11 horas. Apertura de Stands de venda
11:30 a 13:30. Obradoiro de pintura sobre relevo para nenos/as. Artesá: Mª Carmen Álvarez Blanco
18 horas. Apertura de Stands de venda
18:30 a 20:30. Obradoiro de pintura sobre relevo para nenos/as. Artesá Mª Carmen Álvarez Blanco
MARTES, 7 DE AGOSTO
11 horas. Apertura de Stands de venda
11:30 a 13:30 Obradoiro de olería para nenos/as. Artesá Otilia Arias García
12 horas. Demostración de olería de Gundivós. Artesán Tomás López González
18. Apertura de Stands de venda
18:30 20:30. Obradoiro de olería para nenos/as. Artesá Otilia Arias García
22 horas. Peche 20ª Mostra Artelemos