30 de xullo de 2018. As persoas interesadas, deben inscribirse nas Oficinas do Rexistro Municipal, entre as 9 e as 14 horas.
O Concello dispón de 10 prazas para realizar esta actividade, e iranse asignando por rigorosa orde de inscrición.
O derradeiro día para anotarse é o xoves 9 de agosto.
No caso de que o número de inscricións superase o número de prazas ofertadas, abrirase unha lista de reserva co fin de chamar á persoas desa lista pola orde na que figuren nela, no caso de que se produza a imposibilidade de realizar o percorrido nas datas deste ou nalgunha delas por parte dalgunha das persoas con praza.
Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade os días 12 e 16 de agosto en horario matinal.
Esta actividade terá remuneración económica e para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, cómpre ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.
Xunto coa solicitude a persoa solicitante deberá presentar copia do seu DNI e, no caso de ser menor, ademais da autorización dos pais ou titores debe achegarse tamén a fotocopia do DNI da persoa que autorice a participación da persoa solicitante.